Servizos adicionais
Pode actualizar Mapas para convertelo nun sistema completo de navegación a pé
ou en coche. Para iso precisa dunha licenza rexional para o sistema completo de
navegación. A navegación en coche dispón dun servizo completo de guía por voz
con vistas de mapa en dúas e tres dimensións. A navegación a pé está limitada a un
máximo de 30 km/h e non ofrece guía por voz. O servizo de navegación non está
dispoñible en todos os países e rexións. Para máis información, consulte o sitio web
de Nokia para o seu país.
Para poder usar este servizo, cómpre un receptor GPS externo que sexa compatible
coa tecnoloxía sen fíos Bluetooth.
Mercar un servizo de navegación
Seleccione
Menú
>
Organizador
>
Mapas
e
Servizos extra
>
Merc. licenz.
navegac.
, e siga as instrucións.
Para poder usar a navegación con guía por voz, debe permitir que a aplicación Mapas
se conecte á rede.
A licenza de navegación está ligada á súa tarxeta SIM. Se insire outra tarxeta SIM no
dispositivo, cando comece a navegación pediráselle que merque unha licenza.
Durante o proceso de compra, ofreceráselle a posibilidade de transferir a licenza de
navegación existente á nova tarxeta SIM sen custo adicional.
Mapas 73