Mapas e GPS
O teléfono non dispón de antena de GPS interna. Para poder usar as aplicacións que
requiren conexión GPS, empregue un receptor GPS externo compatible (este
accesorio véndese por separado). Vincule o receptor GPS co seu dispositivo
mediante a tecnoloxía sen fíos Bluetooth. Para obter máis información, consulte a
guía do usuario do receptor GPS.
Pode usar o Sistema de Posicionamento Global (GPS) para dar soporte á aplicación
Mapas. Busque a súa posición, ou mida distancias e trace coordenadas.
Despois de vincular o seu dispositivo cun receptor GPS externo, é posible que o
dispositivo tarde varios minutos en amosar a posición actual.
O sistema de posicionamento global (GPS) está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do Ministerio de defensa dos Estados Unidos e
do Plan de radionavegación federal (Federal Radionavigation Plan). A precisión
tamén pode verse afectada pola xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos naturais ademais de polas condicións
72 Mapas
meteorolóxicas. É posible que os sinais GPS non estean dispoñibles no interior dos
edificios ou en pasos subterráneos e que a súa transmisión non sexa posible a través
de materiais como formigón e metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para determinar posicións nin para a navegación.