Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que superan ese límite envíanse coma dúas ou máis
mensaxes. O seu fornecedor de servizos aplicará unha tarifa correspondente ao
número de mensaxes enviadas. Os caracteres con acentos e outros signos de
puntuación, ou algúns idiomas ocupan máis espazo e limitan o número de
caracteres que é posible enviar nunha mensaxe.
Visualízase o número total de caracteres restante e o número de mensaxes
necesario para realizar o envío.
Para enviar mensaxes, cómpre dispoñer do número do centro de mensaxes correcto
no dispositivo. Normalmente, este número axústase de xeito predeterminado
mediante a tarxeta SIM. Para axustar o número de xeito manual, seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Axustes mensaxe
>
Mensaxes de texto
>
Centros de
mensaxes
>
Engadir centro
, e insira un nome e o número do fornecedor de
servizos.