Inserción de texto tradicional
Prema unha tecla numérica, do 2 ao 9, de xeito repetido ata que apareza o carácter
desexado. Os caracteres dispoñibles dependen da lingua de escritura elixida.
Se a seguinte letra que desexa escribir está na mesma tecla que a actual, espere ata
que apareza o cursor e escriba a letra.
Para acceder as marcas de puntuación e caracteres especiais máis comúns, prema
1 repetidamente. Para abrir unha lista de caracteres especiais, prema *. Para inserir
un espazo, prema 0.