Axustes de chamada
Seleccione
Menú
>
Axustes
,
Chamadas
e unha das seguintes opcións:
Desvío de chamada — Permite desviar as chamadas entrantes (servizo de rede).
É posible que non sexa quen de desviar as súas chamadas se se atopa algunha
función de restrición de chamadas activa.
Calq. tecla responde — Permite responder ás chamadas entrantes premendo
brevemente calquera tecla, agás a tecla de acendido, as teclas de selección dereita
e esquerda ou a tecla fin.
Rechamada autom. — Esta opción permite que o dispositivo marque de novo
automaticamente o número se falla a chamada. O dispositivo intentará chamar ao
número 10 veces.
Claridade de voz — Permite mellorar a intelixibilidade da fala, sobre todo en
ambientes ruidosos.
42 Mantéñase en contacto
Marcación rápida — Permite marcar os nomes e números de teléfono asignados
ás teclas numéricas (2-9) mantendo premida a tecla numérica correspondente.
Chamada en espera — Esta opción permite que a rede lle notifique cando ten
unha chamada entrante mentres ten activa outra chamada (servizo de rede).
Temporiz. chamada — Permite visualizar a duración da chamada en curso.
Resumo tras chamad. — Permite visualizar brevemente a duración aproximada
despois de cada chamada.
Envío do n.º propio — Permite amosar o seu número de teléfono á persoa á que
está chamando (servizo de rede). Para empregar o axuste acordado co fornecedor
de servizos, seleccione
Fixado pola rede
.
Liña cham. saíntes — Permite seleccionar a liña de teléfono que desexa utilizar
para realizar chamadas se a tarxeta SIM admite varias liñas de teléfono (servizo de
rede).
Xest. cham. coa tapa — Permite responder ou finalizar as chamadas abrindo ou
pechando a tapa.