Intercambio de mensaxes
Seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Mensaxería instantánea
.
Envío dunha MI
1 Seleccione un servizo de MI.
2 Seleccione un contacto da lista de contactos.
Cada conversa aparece nun separador na vista de conversas.
3 Escriba a mensaxe na caixa de texto situada na parte inferior da pantalla.
4 Seleccione
Enviar
.
50 Mantéñase en contacto
Recepción de mensaxes
Cando unha mensaxe nova chega á conversa actual, aparece ao final do historial da
conversa. Cando unha mensaxe nova chega a outra conversa, o separador
correspondente a esa conversa pestanexa. Para cambiar entre conversas, faga o
seguinte:
1 Suba ata os separadores de conversas.
2 Desprácese cara á esquerda ou dereita para abrir unha conversa.
Cando unha mensaxe nova chega dende outra comunidade, aparece indicado na
esquina superior ou inferior.
Desprácese cara arriba, e seleccione
Cambiar
ou
Selec.
.
Axustes de notificación
Aínda que non se estea a usar a aplicación, recíbese un aviso de novas mensaxes.
Para modificar os axustes de notificación, siga estes pasos:
1 Na vista principal de MI, seleccione
Opcións
>
Axustes de MI
.
2 Seleccione un tipo de notificación e
Gardar
.