Seguridade navegador
É posible que se necesiten funcións de seguridade para algúns servizos, como os
bancarios ou a compra en liña. Para estas conexións requírense certificados de
68 Lecer
seguridade e, posiblemente, un módulo de seguridade que pode estar integrado
na tarxeta SIM. Para obter máis información, póñase en contacto co fornecedor de
servizos.
Para ver ou cambiar os axustes do módulo de seguridade, ou para ver unha lista
dos certificados de autoridade ou usuario descargados no seu dispositivo,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Axus. mód. segurid.
,
Certificad.
autoridade
ou
Certificados usuario
.
Importante: Aínda que o uso de certificados reduce considerablemente os riscos
relacionados coas conexións remotas e as instalacións de software, cómpre
utilizalos correctamente para beneficiarse do aumento da seguridade. A existencia
dun certificado non ofrece protección por si mesmo. O administrador do certificado
debe dispoñer de certificados correctos, auténticos ou fiables para poder aumentar
a seguridade. Os certificados teñen data de caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido", incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é realmente fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.