Inserción e extracción da tarxeta de memoria
Utilice unicamente o tarxetas microSD compatible autorizado por Nokia para utilizar
co dispositivo. Nokia utiliza estándares da industria autorizados para as tarxetas
de memoria, pero pode que algunhas marcas non sexan totalmente compatibles
con este dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta
e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
Introdución
9
O dispositivo admite tarxetas microSD cunha capacidade de ata 8 GB. O tamaño de
cada ficheiro non pode superar os 2 GB.
Inserción da tarxeta de memoria
1 Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
2 Insira a tarxeta na rañura coa superficie de contacto cara abaixo, e prema ata
que encaixe na súa posición.
3 Peche a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
Extracción da tarxeta de memoria
Importante: Non retire a tarxeta de memoria durante unha operación na que se
estea accedendo á mesma, xa que podería producir danos na tarxeta de memoria
e no dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.
A tarxeta de memoria pódese extraer ou substituír sen apagar o teléfono.
1 Asegúrese de que ningunha aplicación está accedendo nese momento á tarxeta
de memoria.
2 Abra a tapa da rañura da tarxeta de memoria.
10 Introdución
3 Empuxe para dentro lixeiramente a tarxeta de memoria para liberala do peche,
e retírea.