Inserción da tarxeta SIM e a batería
Nota: Desactive a alimentación e desconecte o cargador e os demais dispositivos
antes de extraer as tapas. Evite tocar os compoñentes electrónicos cando cambie
as tapas. Garde e utilice sempre o dispositivo coas tapas instaladas.
A tarxeta SIM e os seus contactos poden danarse facilmente ao raiala ou dobrala,
polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou retire a tarxeta.
1 Abra a tapa traseira e retírea. Extraia a batería.
2 Peche o soporte da tarxeta SIM. Insira a tarxeta SIM no soporte coa esquina
biselada cara abaixo e a superficie de contactos mirando cara aos contactos do
teléfono. Peche o soporte da tarxeta SIM.
8
Introdución
3 Aliñe os contactos da batería e insíraa. Coloque de novo a tapa posterior.