Cargar a batería
A batería ven cargada parcialmente de fábrica. Se o dispositivo indica que o nivel
de carga da batería é baixo, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
3 Cando o dispositivo indique que a batería está completamente cargada,
desconecte o cargador do dispositivo e, a continuación, da toma de parede.
Tamén é posible cargar a batería mediante un cable USB con enerxía dende un
ordenador.
1 Conecte o cable USB ao porto USB do ordenador e ao seu dispositivo.
2 Unha vez a batería estea completamente cargada, desconecte o cable USB.
Non é preciso cargar a batería durante un período de tempo específico e é posible
utilizar o dispositivo mentres se está a cargar. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar
chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na pantalla.
Introdución 11
Cargar o teléfono mentres se escoita a radio pode afectar a calidade da recepción.