Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM)
para protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software
DRM para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo pode acceder ao contido protexido con WMDRM
10, OMA DRM 1.0, OMA DRM 1.0 Forward Lock e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é
posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos
contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido mediante DRM
80 Información do produto e de seguridade
que xa se atope no dispositivo. Esta anulación non afectará ó uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ó uso
de contido non protexido mediante DRM.
Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define
os seus dereitos para utilizar o contido.
Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha copia de seguridade da licenza e
do contido, utilice a función de copia de seguridade de Nokia Ovi Suite.
É posible que outros métodos de transferencia non transfiran a licenza que é necesario recuperar co contido para que
poida continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén
é posible que necesite recuperar a licenza en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.
Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, a licenza e o contido perderanse se formata a memoria
do dispositivo. Tamén é posible que perda a licenza e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda da licenza
ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis
información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.
É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida acceder ao contido protexido se
a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.