Coidado e mantemento
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía superiores e debe ser tratado con coidado. As seguintes
suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de líquidos poden conter minerais que
produzan a corrosión dos circuítos electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde
a que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
•
Utilice un pano seco, suave e limpo para limpar os obxectivos da cámara, do sensor de proximidade e do sensor de
luz.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios e poeirentos, xa que poderían producirse danos nas súas
pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
•
Non garde o dispositivo en lugares cálidos. As temperaturas elevadas poden reducir a vida útil dos dispositivos
electrónicos, danar as baterías e deformar ou derreter determinados plásticos.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa temperatura normal, é posible que se
forme humidade no interior do mesmo e que se produzan danos nas placas dos circuítos electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a rotura das placas dos circuítos e
do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes de limpeza nin deterxentes concentrados para limpar o
dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou unha autorizada polo fabricante. A utilización de antenas,
modificacións ou accesorios non autorizados pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de
dispositivos de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree sempre unha copia de seguridade dos datos que desexe manter, coma os contactos e as notas do calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter un rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á batería, ao cargador ou a calquera accesorio. Se o dispositivo non
funciona correctamente, envíeo ao centro de servizo técnico autorizado máis próximo.
84 Información do produto e de seguridade