Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-4CT. Nokia pode
fabricar modelos de batería adicionais para este dispositivo. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes
cargadores: AC-8. O número exacto do modelo do cargador pode variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de enchufe
pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C, K, ou UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías
autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse con este
dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario
conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan,
as baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente manter sempre a batería a unha temperatura comprendida
entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É
posible que o dispositivo non funcione temporalmente se a batería está fría ou quente. O rendemento da batería é
especialmente limitado a temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico, coma unha
moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os
terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha batería
de reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.
Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar. Respecte as normativas locais no
momento de desfacerse das baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados aos
residuos domésticos.
Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que se produza
unha fuga na batería, evite que o líquido da batería entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave as zonas
afectadas inmediatamente con auga ou acuda a un médico.
82 Información do produto e de seguridade
Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou
outros líquidos. As baterías poden explotar se están danadas.
Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi deseñada. O uso non axeitado da batería pode provocar
un incendio, unha explosión e outros perigos. Se deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre unha superficie
dura, e cree que a batería puido quedar danada, envíea a un centro de servizo técnico para revisala antes de continuar
utilizándoa. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.
Información do produto e de seguridade 83