Nokia X3 00 - Música e vídeos

background image

Música e vídeos

O seu teléfono inclúe un reprodutor multimedia para cancións e videoclips. Os

ficheiros de música e vídeo gardados no cartafol de música da memoria do teléfono

ou da tarxeta de memoria detéctanse automaticamente e engádense á biblioteca

de música ou vídeo.
Seleccione

Menú

>

Galería

e

Música e vídeos

.

Seleccione entre as seguintes opcións:

Vídeos — Vexa unha lista con todos os videoclips dispoñibles.

Todas as cancións — Vexa unha lista con todas as cancións dispoñibles. As

cancións pódense ordenar, por exemplo, por artista, álbum ou xénero.