Fotos
Coa aplicación Fotos pode ver imaxes e reproducir videoclips.
Seleccione
Menú
>
Galería
>
Fotos
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Todas as fotos — Vexa un enreixado coas imaxes en miniatura. As imaxes pódense
ordenar por data, nome ou tamaño.
Cronograma — Vexa as imaxes na orde na que foron capturadas.
Álbums — Ordene as imaxes en álbums. Pode crear, eliminar e renomear álbums.
Se elimina un álbum, as imaxes que ese álbum conteña permanecerán almacenadas
na memoria.
Xirar unha imaxe
Seleccione
Opcións
>
Modo paisaxe
ou
Modo retrato
.
Ver unha presentación
Unha presentación amosa as imaxes do cartafol ou álbum seleccionado nese
momento.
1 Seleccione
Todas as fotos
,
Cronograma
ou
Álbums
.
56 Imaxe e vídeo
2 Seleccione
Opcións
>
Presentación
.
3 Seleccione
Iniciar presentación
.
Editar imaxes
As imaxes pódense, por exemplo, xirar, voltear, cortar, ou pódeselles axustar o
brillo, o contraste e as cores.
1 Seleccione unha imaxe en Todas as fotos, Cronograma, ou Álbums.
2 Seleccione
Opcións
>
Editar foto
.
3 Seleccione unha opción de edición, e cambie os axustes ou valores empregando
a tecla de desprazamento.