Dereitos de autor e outros avisos
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto RM-540 cumpre cos requirimentos básicos e con outras
condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese consultar unha copia da Declaración de conformidade na páxina
http://www.nokia.com/phones/declaration_of_conformity/.
© 2010 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People, XpressRadio, XpressMusic e Navi son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas
de Nokia Corporation. Nokia tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto de produtos e nomes de
compañías mencionados neste documento poden ser marcas comerciais ou nomes comerciais dos seus respectivos
propietarios.
Portions of the Nokia Maps software are ©1996-2010 The FreeType Project. All rights reserved.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
88 Dereitos de autor e outros avisos
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e melloras en calquera dos produtos descritos neste documento
sen previo aviso.
Includes RSA BSAFE cryptographic or security protocol software from RSA Security.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e
non comercial en conexión con información que se codificou cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha
actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo
con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica para calquera outro uso. É posible obter información adicional,
incluíndo a relacionada cos usos promocionais, internos e comerciais, de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://
www.mpegla.com.
Na máxima medida permitida pola lexislación aplicable, nin Nokia nin ningún dos seus outorgantes de licenza se
responsabilizará baixo ningunha circunstancia da perda de datos ou ingresos nin de ningún dano especial, incidental,
consecuente (lucro cesante) indirecto, independentemente da súa causa.
Os contidos deste documento fornécense "tal cal". Salvo que así o esixa a lei aplicable, non se ofrecerá ningún tipo de
garantía, expresa ou implícita, incluída, pero sen limitarse a ela, a garantía implícita de comerciabilidade e adaptación a
un propósito concreto con respecto á exactitude, fiabilidade e contido deste documento en calquera momento sen previo
aviso. Nokia resérvase o dereito de revisar este documento ou de retiralo en calquera momento sen previo aviso.
A dispoñibilidade de produtos, funcións, aplicacións e servizos pode variar segundo a rexión. Para obter máis información,
póñase en contacto co seu distribuidor Nokia ou o seu fornecedor de servizos. Este dispositivo pode conter elementos,
tecnoloxía ou software suxeitos á lexislación de exportación e ás normativas dos Estados Unidos e doutros países. Queda
prohibida calquera alteración contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
AVISO DO INDUSTRY CANADA/FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC ou Industry Canada esíxanlle que deixe de utilizar o teléfono no
caso de que non se poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita asistencia técnica, póñase en contacto co
centro de servizo técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do regulamento da FCC. O seu funcionamento está
suxeito ás dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo
debe aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que provoquen un funcionamento non desexado. Calquera cambio
Dereitos de autor e outros avisos 89
ou modificación que non se aprobe de xeito expreso por Nokia podería anular a autorización do usuario para utilizar este
equipo.
Número de modelo: X3-00
/Edición 3.0 GL
90 Dereitos de autor e outros avisos