Asistencia técnica
Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou se non está seguro
do funcionamento do seu teléfono, consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda
en www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o seu país. Se prefire facelo
dende o teléfono móbil, visite www.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto,
volva a colocar a batería e acenda o teléfono.
•
Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo indicado na guía de
usuario.
•
Actualice o software do seu dispositivo con regularidade para obter un
rendemento óptimo e posibles funcións novas, como se explica na guía de
usuario.
Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de reparación. Consulte www.nokia.com/
repair. Antes de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade
dos datos do teléfono.