Actualizacións de software pola rede
O seu provedor de servizo pode enviar actualizacións de software do teléfono pola
rede directamente ao seu móbil (servizo de rede). Tal vez non estea dispoñible esta
opción, dependendo do seu teléfono.
A descarga de actualizacións de software pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo dispoña de carga suficiente ou conecte
o cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso:
Se instala unha actualización de software, non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para facer chamadas de emerxencia, ata completar a instalación e reiniciar
o dispositivo. Asegúrese de facer unha copia de seguridade dos datos antes de
aceptar a instalación dunha actualización.
Axustes de actualización de software
Tal vez non estea dispoñible esta opción, dependendo do seu teléfono.
Para permitir ou non permitir as actualizacións de software automáticas, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Actualizacións tlf.
>
Actualiz. autom. SW
.
Solicitar unha actualización de software
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Teléfono
>
Actualizacións tlf.
para solicitar
actualizacións de software dispoñibles do seu provedor de servizos.
2 Seleccione
Detalles soft. actual
para amosar a versión actual de software e
comprobar se necesita unha actualización.
3 Seleccione
Descarg. soft. tlf.
para descargar e instalar unha actualización de
software. Siga as instrucións que se amosan na pantalla.
4 Se a instalación se cancelara despois da descarga, seleccione
Instalar actual.
soft.
para comezar a instalación.
Axuda e actualizacións 25
A actualización do software podería levar varios minutos. Se ten problemas coa
instalación, póñase en contacto co seu provedor de servizos.