Nokia X3 00 - Actualizacións de software mediante o ordenador

background image

Actualizacións de software mediante o ordenador

Nokia Software Updater é unha aplicación para PC que lle permite actualizar o

software do seu dispositivo. Para poder actualizar o software do seu dispositivo,

necesita un ordenador compatible, acceso a internet de banda ancha e un cable USB

compatible para conectar o dispositivo ao ordenador.
Para obter máis información, para consultar as notas das versións de software máis

recentes e para descargar a aplicación Nokia Software Updater, visite as páxinas

seguintes: www.nokia.com/softwareupdate ou o sitio web local de Nokia.
Para actualizar o software do dispositivo, leve a cabo o seguinte:
1 Descargue e instale a aplicación Nokia Software Updater no seu ordenador.

2 Conecte o dispositivo ao ordenador mediante un cable de datos USB e seleccione

PC Suite

.

3 Abra a aplicación Nokia Software Updater. A aplicación Nokia Software Updater

informaralle de como facer copias de seguridade dos seus ficheiros, actualizar

o software e restaurar os seus ficheiros.

24 Axuda e actualizacións