Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o dispositivo mediante ondas de radio a
un dispositivo Bluetooth compatible situado a unha distancia de ata 10 metros.
O dispositivo é compatible coa especificación Bluetooth 2.1 + EDR que admite os
seguintes perfís: Acceso á SIM, acceso á axenda de teléfonos, envío de obxectos,
transferencia de ficheiros, auriculares, mans libres, acceso xenérico, porto de serie,
intercambio de obxectos xenérico, distribución de son avanzada, control remoto de
son e vídeo, aplicación de descuberta de servizo, rede de área persoal e distribución
de son e vídeo xenérica . Para asegurar a interoperabilidade con outros dispositivos
que dispoñan de tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios Nokia homologados para
este modelo. Póñase en contacto cos fabricantes dos outros dispositivos para obter
información sobre a compatibilidade con este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía Bluetooth aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de automóbil, para efectuar ou recibir
chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará ningunha chamada, excepto aos números de
emerxencia programados no dispositivo, cando se atope en modo SIM remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o código de bloqueo para desbloquealo.
32 Adapte o dispositivo aos seus gustos
Apertura dunha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
2 Seleccione
Nome do meu tlf.
e insira un nome para o seu dispositivo.
3 Para activar a conectividade Bluetooth, seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
indica que a conectividade Bluetooth está activa.
4 Para conectar o dispositivo a un accesorio de son, seleccione
Conex. a acc.
audio
e o accesorio.
5 Para emparellar o dispositivo con calquera dispositivo Bluetooth que se atope
dentro do alcance, seleccione
Disposit. vinculados
>
Engadir novo disp.
.
6 Desprácese ata un dispositivo atopado e seleccione
Engadir
.
7 Insira un código (de ata 16 caracteres) no dispositivo e estableza a conexión co
outro dispositivo Bluetooth.
Utilizar o dispositivo en modo oculto é un modo máis seguro de evitar o software
daniño. Non acepte conexións Bluetooth de fontes non fiables. Se o prefire,
desactive a función Bluetooth. Isto non afecta ás demais funcións do dispositivo.
Conexión do ordenador á Internet
É posible empregar a tecnoloxía Bluetooth para conectar un ordenador compatible
á Internet. O dispositivo debe poder conectarse á Internet (servizo de rede) e o
ordenador debe ser compatible coa tecnoloxía Bluetooth. Unha vez establecida a
conexión co servizo de punto de acceso á rede (NAP) do dispositivo e de emparellar
o mesmo co ordenador, o dispositivo abrirá automaticamente unha conexión de
paquetes de datos á Internet.