Paquetes de datos
GPRS(General packet radio service, Servizo xeral de radio por paquetes) é un servizo
de rede que permite aos teléfonos móbiles enviar e recibir datos a través dunha
rede baseada en IP (Protocolo da Internet).
Adapte o dispositivo aos seus gustos 33
Para definir como utilizar o servizo, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Paquetes de datos
>
Conex. paq. datos
e unha das seguintes
opcións:
Se cómpre — Permite establecer unha conexión de paquetes de datos por parte
dunha aplicación cando é necesario. Cando se pecha a aplicación, péchase a
conexión.
Sempre en liña — Permite conectarse automaticamente a unha rede de paquetes
de datos ao acender o dispositivo.
É posible usar o dispositivo como módem se o conecta a un ordenador compatible
mediante a tecnoloxía Bluetooth. Para obter máis información, consulte a
documentación de Nokia Ovi Suite.