Cable de datos USB
Pode usar o cable de datos USB para transferir datos entre o teléfono e un PC
compatible ou unha impresora que admita PictBridge.
Para activar o teléfono para a transferencia de datos ou impresión de imaxe, conecte
o cable de datos e seleccione o modo:
PC Suite — para utilizar o cable de datos USB para Nokia Ovi Suite ou Nokia PC Suite
Impres. & multim. — para usar o teléfono cunha impresora compatible con
PictBridge ou cun PC compatible
Almacenam. datos — para conectar a un PC que non teña o software de Nokia e
usar o teléfono para almacenaxe de datos
Para cambiar o modo USB, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Cable
de datos USB
e o modo USB desexado.