Nokia X3 00 - Axustes do teléfono

background image

Axustes do teléfono

Seleccione

Menú

>

Axustes

e

Teléfono

.

Seleccione entre as seguintes opcións:

Axustes de idioma — Para fixar o idioma do dispositivo, seleccione

Idioma do

teléfono

e un idioma. Para fixar o idioma do dispositivo segundo a información

da tarxeta SIM, seleccione

Idioma do teléfono

>

Automática

.

Estado da memoria — Comprobe o consumo de memoria.

Bloq. teclado autom. — Se o dispositivo está en modo de espera ou na pantalla

de inicio e non se utiliza ningunha función, o teclado bloquéase automaticamente

pasado un tempo predefinido.

Bloq. teclado segurid. — Estableza que o dispositivo solicite o código de

seguridade para desbloquear o teclado.

26 Adapte o dispositivo aos seus gustos

background image

Recoñecemento voz — Configure ordes por voz e comece a practicar o

recoñecemento de voz.

Consulta voo — Estableza que o dispositivo pregunte se desexa fixar o perfil de

Voo cando se acende o dispositivo. No perfil de Voo, todas as conexións de radio

permanecen pechadas.

Actualizacións tlf. — Permita as actualizacións de software do provedor de

servizos (servizo de rede). As opcións dispoñibles poden variar.

Selección operador — Seleccione manualmente a rede a empregar.

Activac. texto axuda — Permita que o dispositivo amose texto de axuda .

Ton de inicio — Permita que o teléfono emita un ton cando se acende. .

Confirm. accións SIM — Acceda a servizos de rede adicionais dende a tarxeta SIM.

A dispoñibilidade desta opción depende da súa tarxeta SIM.