Axustes de seguridade
Seleccione
Menú
>
Axustes
e
Seguridade
.
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas
(coma a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e a marcaxe fixa),
pode que sexa posible efectuar chamadas ao número de emerxencia oficial
programado no dispositivo. O desvío e restrición de chamadas non poden estar
activos ao mesmo tempo.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Petición código PIN ou Petición código UPIN — Estableza que o teléfono solicite
o código PIN ou UPIN cada vez que se acende. Algunhas tarxetas SIM non admiten
a desactivación da solicitude do código.
Servizo restric. cham. — Restrinxa as chamadas entrantes e saíntes do teléfono
(servizo de rede). Cómpre establecer un contrasinal de restrición.
Marcación fixa — Restrinxa as chamadas saíntes aos números de teléfono
seleccionados se o admite a tarxeta SIM. Cando a marcación fixa está activada, as
conexións GPRS non se poden establecer, excepto durante o envío de mensaxes de
Adapte o dispositivo aos seus gustos 27
texto a través dunha conexión GPRS. Neste caso, cómpre que o número do centro
de mensaxes e o número de teléfono do destinatario se inclúan na lista de
marcación fixa.
Grupo usuar. pech. — Defina un grupo de persoas aos que pode chamar e que
poden chamalo (servizo de rede).
Nivel de seguridade — Seleccione
Teléfono
para solicitar o código de seguridade
sempre que se insira unha nova tarxeta SIM no teléfono.
Códigos de acceso — Cambie o código de seguridade, o código PIN, o código UPIN,
o código PIN2 ou o contrasinal de restrición.
Petición código PIN2 — Estableza que o dispositivo solicite o código PIN2 cando
se utilice unha función protexida polo código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non
admiten a desactivación da solicitude do código. A dispoñibilidade desta opción
depende da súa tarxeta SIM. Para obter máis información, póñase en contacto co
seu provedor de servizos.
Código en uso — Vexa e seleccione o tipo de código PIN que se utilizará.
Certificad. autoridade ou Certificados usuario — Vexa a lista dos certificados de
autoridade ou usuario dispoñibles no seu teléfono.
Axus. mód. segurid. — Vexa os Detalles mód. segur., active a
Petición PIN
módulo
, ou cambie o PIN de módulo e o PIN de inicio de sesión.