Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en redes GSM
850, 900, 1800 e 1900 MHz . Póñase en contacto co seu fornecedor de servizos para
obter máis información acerca das redes.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou ligazóns preinstalados para
sitios da Internet de terceiros e que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes
sitios non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá
ningunha responsabilidade correspondente a eles. Se accede aos sitios
mencionados, tome as precaucións necesarias relacionadas coa seguridade ou cos
contidos.
14 Acendido
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador, é necesario
que se atope acendido. Non acenda o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a
intimidade e os dereitos lexítimos das demais persoas, incluídos os dereitos de
autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información
importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para
obter instrucións detalladas de seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que aparecen na pantalla
do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información importante acerca do
dispositivo.