Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos
sen fíos. Algunhas funcións non se atopan dispoñibles en todas as redes; é posible
que para poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer acordos
específicos co seu fornecedor de servizos. Os servizos de rede implican a transmisión
de datos. Comprobe co seu fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na
súa rede propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode explicarlle os
importes que lle serán cargados polo servizo.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non
activación de determinadas funcións no dispositivo. En tal caso, as mencionadas
funcións non aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo
Acendido 15
dispoña de elementos personalizados como os nomes ou a orde dos menús e as
iconas.