
Códigos de acceso
Para axustar como desexa que o seu teléfono empregue os códigos de acceso e os
axustes de seguridade, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Códigos de
acceso
.
•
O código de seguridade axúdalle a protexer o teléfono contra o uso non
autorizado. O código preaxustado é 12345. É posible cambiar o código e axustar
o teléfono para solicitar o código. Algunhas operacións requiren a utilización
do código de seguridade independentemente dos axustes, por exemplo, se
desexa restablecer os axustes predeterminados de fábrica. Garde o código nun
lugar secreto e seguro lonxe do teléfono. Se esquece o código e o seu teléfono
está bloqueado, o teléfono requirirá asistencia técnica e é posible que se
apliquen tarifas adicionais. Para obter máis información, póñase en contacto
cun servizo de atención ao cliente de Nokia Care ou co distribuidor do teléfono.
•
O código PIN (UPIN) fornecido coa tarxeta SIM (USIM), axuda a protexer contra
o uso non autorizado da tarxeta.
•
O código PIN2 (UPIN2) fornecido con algunhas tarxetas SIM (USIM), requírese
para acceder a determinados servizos.
•
Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2) poden ser fornecidos coa tarxeta SIM
(USIM). Si insire o código PIN de xeito incorrecto tres veces seguidas,
solicitaráselle que insira o código PUK. Se non se fornecen os códigos, póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.
•
O contrasinal de restrición requírese cando se emprega o servizo de restrición
de chamadas para restrinxir as chamadas recibidas ou efectuadas dende o
teléfono (servizo de rede).
•
Para ver ou cambiar os axustes do módulo de seguridade do navegador,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
>
Axus. mód. segurid.
.
16 Acendido