Acendido e apagado do dispositivo
Acendido e apagado
Manteña premida a tecla de acendido.
Inserción do código PIN
Se se lle solicita, insira o código PIN (visualizarase do seguinte xeito: ****).
Axuste da hora e a data
Se se lle solicita, insira a data, a hora local, a zona horaria e o horario de verán
correspondentes ao lugar onde se atope.
Cando acenda o dispositivo por primeira vez, pode que se lle solicite obter as opcións
de configuración do seu fornecedor de servizos (servizo de rede). Para obter máis
información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.